Copyright © 2011 Novell, Inc.
Queda permitida a copia, distribución e/ou modificación deste documento baixo os termos da licenza de GNU Free Documentation, versión 1.2 ou calquera outra versión posterior publicada pola Free Software Foundation; sen seccións invariables, textos de portada e contraportada. Inclúese unha copia da licenza no ficheiro fdl.txt.
Se actualiza a partires dunha versión antiga a esta versión de openSUSE, vexa as notas da versión antigas aquí: http://en.opensuse.org/openSUSE:Release_Notes
Estas notas da versión cobren as seguintes áreas:
Instalación: lea isto se desexa instalar o sistema desde cero.
Xeral: información que todos deberían ler.
Sistema de actualización: cuestións relativas á actualización do systema desde versións anteriores a esta versión de openSUSE.
Técnica: esta sección contén varios cambios técnicos e melloras para o usuario con experiencia.
Ao patrón de selección de software "Sevidor mínimo" fáltanlle varios paquetes e causa conflito cando se instalan paquetes adicionais. Consulte http://bugzilla.novell.com/show_bug.cgi?id=686397 para máis detalles.
Se un diálogo de conflito di:
patrón:minimal_base ten un conflito con ...
escolla "desinstalar" ou "non instalar o patrón:minimal_base". Isto poderá causar paquetes adicionais ou diferentes para ser instalados.
Na Guía de inico, atope instrucións paso a paso, como introducións aos escritorios KDE ou Gnome e a suite LibreOffice.
A Guía de referencia cobre a implantación, administración e configuración do sistema en detalle e explica como configurar varios servizos de rede.
A Guía de seguridade introduce conceptos básicos de seguridade do sistema, cubrindo tanto aspectos de seguridade local e de rede.
A Guía de análise e axuste do sistema axuda con problemas de detección, resolución e optimización.
A virtualización con KVM ofrece unha introdución sobre a configuración e xestión da virtualización con ferramentas KVM, libvirt e QEMU.
O comportamento predeterminado dos paquetes a actualizar empregando os miniaplicativos de actualización foi modificado. Agora, xunto cos parches do sistema, os miniaplicativos tamén amosan actualizacións respectando o fornecedor. Este comportamento afecta a usuarios que están inscritos en repositorios de terceiros.
Para reverter ao comportamento anterior a openSUSE 11.4 para ter só parches do sistema amosados polos miniaplicativos, seleccione HidePackages=true na sección [Updates] do ficheiro /etc/Packagekit/ZYpp.conf. AVISO: deste xeito pode perder actualizacións de seguridade publicadas en repositorios de terceiros.
Modificouse o modo de descarga Zypp para a instalación dos paquetes: primeiro baixa todos os paquetes, antes de iniciar a súa instalación. Isto implica que agora cómpre máis espazo. O comportamento tradicional era procesar un paquetes despois de outro.
Se ten pouco espazo no disco, volva ao comportamento tradicional definindo commit.downloadMode = DownloadAsNeeded no ficheiro /etc/zypp/zypp.conf.
Con openSUSE 11.3 estamos alternando o KMS (Kernel Mode Setting) para tarxetas de vídeo Intel, ATI e NVIDIA, que agora é o predeterminado. Se atopa problemas co suporte ao controlador KMS (intel, radeon, nouveau), desactive o KMS engadindo nomodeset á liña de ordes de inicio do kernel. Para configurar isto permanentemente, engada a liña de orde do kernel en /boot/grub/menu.lst. Esta opción fai que o módulo do kernel apropiado (intel, radeon, nouveau) se cargue con modeset=0 no initrd, isto significa, que KMS está desactivado.
En casos pouco frecuentes, cargar o módulo DRM do initrd é un problema xeral e non relacionado con KMS, incluso así é posible desactivar a carga do módulo DRM no initrd completamente. Para isto, defina a variable de sysconfig NO_KMS_IN_INITRD para yes mediante YAST, que volverá crear o initrd despois. Reinicie o seu sistema.
En Intel sen KMS, o servidor X volve ao controlador fbdev (o controlador intel só soporta KMS); alternativamente, existe o controlador "intellegacy" (paquete xorg-x11-driver-video-intel-legacy) que aínda soporta UMS (User Mode Setting). Para empregalo, edite /etc/X11/xorg.conf.d/50-device.conf e modifique a entrada do controlador para intellegacy. En ATI, para GPUs actuais, volve ao controlador radeonhd.
En ATI para as GPUs actuais, usa radeonhd. En NVIDIA sen KMS, úsase o controlador nv (o controlador nouveau só soporta KMS).
O bit setuid en /usr/bin/Xorg necesítase para iniciar o servidor X como un usuario sen privilexios, por exemplo, mediante startx. Este método tornouse obsoleto en favor do emprego de xestores de pantalla hai anos. Adicionalmente, os ambientes modernos baséanse nas ACLs dos dispositivos e privilexios polkit, que á vez volve depender do seguemento de consolekit da consola activa.
Os usuarios que dependen da configuración antiga poden definir o bit setuid eles mesmos en /etc/permissions.local eliminando o sinal de comentario da seguinte liña:
#/usr/bin/Xorg root:root 4711
e executando SuSEconfig --module permissions despois disto.
To improve boot speed the CIFS and NFS services are no longer enabled by default.
Use the YaST System Services (Runlevel) editor to enable them if needed.
O paquete syslog-ng compílase co soporte SQL activado, empaquetado como un módulo no subpaquete syslog-ng-sql. O módulo SQL usa DBI, unha capa de abstracción dunha base de datos independente en C e permite a gravación de rexistro de datos en varias bases de datos con soporte DBI.
Ata o momento, non é recomendable usar sqlite3 como base de datos debido a que unha reapertura da base de datos non funciona cos controladores DBI actuais. O problema semella estar corrixido na versión en desenvolvemento libdbi, pero incluir esta versión danaría outros paquetes.
Dispositivos SSD de Intel co firmware antigo poden causar atrancos no sistema empregando o daemon smartd (Monitor para discos e dispositivos S.M.A.R.T.), que está activado de xeito predeterminado.
Os usuarios deben actualizar o firmware do dispositivo. Descárgueo de http://www.intel.com/go/ssdfirmware/.